“Todas as mulleres en todas as partes do mundo” é o lema da Concellería de Igualdade do Porriño no 25N  

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ao longo da rúa peonil porriñesa xa se pode contemplar a exposición de fotografías,que xunto un manifesto da corporación municipal e o alumeado do Concello en cor violeta, serán os actos centrais no Día Internacional contra a Violencia Machista

 

A programación confeccionada pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño, dirixida por Cami Moreira, comezou o venres 20 coa proxección da película “María Solinha”, no Centro Cultural Municipal.

Continúa coa exposición de imaxes que penduran dos farois da rúa peonil, motivo que tamén inspirou a lona que se instala na praza do Concello.

A mostra “Todas as mulleres en todas as partes do mundo” simboliza a universalización da violencia machista. “Cada retrato é unha fotografía dos distintos aspectos da existencia das mulleres no mundo, porque non hai unha única imaxe que nos poida representar, todas sentimos, sorrimos, choramos, resistimos, loitamos, avanzamos, empatizamos… Valoramos a vida e esiximos ser consideradas persoas con plenos dereitos de liberdade, de respecto e capacidade de decisión”, segundo argumentou a concelleira de Igualdade.

O propio mércores 25N difundirase un manifesto institucional de toda a corporación porriñesa elaborado en conxunto; e a partires das 19.00 h, a fachada do Concello iluminarase de cor violeta.

O programa de actos rematará o venres 27, coa proxección da película “Trote” no Centro Cultural Municipal e en dous pases -18.30 h e 20.30 h- con aforo limitado a 30 persoas por pase con inscrición previa, no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete