Galiza Nova exixe en Vigo un protocolo realista para as aulas de cara ao inverno

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Organización Xuvenil do Bloque Nacionalista Galego realizou este venres unha acción fronte ao IES Santa Irene demandando un protocolo de ventilación cara ao inverno que non supoña condicións precarias para as estudantes.

 

Galiza Nova, a organización Xuvenil do BNG, realiozou unha acción simbólica demandando unha solución a ter que garantir a ventilación nas aulas durante o inverno. A acción consistiu na colocación de tres pancartas co lema “Que non conxelen as nosas ideas” así como permanecer en cadeiras cubertos e cubertas con mantas, representando a situación que se podería dar nas aulas no inverno. 

Dende as mocidades nacionalistas entenden que “o desleixo das institucións polo ensino público levounos a ter aulas masificadas e sen distanciamentos” e denuncian que este tipo de situacións “son acrecentadas pola situación de pandemia”. 

“Reivindicamos un protocolo realista ás baixas temperaturas de cara ao inverno e as medidas de ventilación”, comunicaron dende Galiza Nova ao estudantado congregado ás portas do centro de ensino. Por esta razón, dende o nacionalismo xuvenil acusan á Xunta de Galiza e a Nuñez Feijóo de “ser incapaces de anticiparse ás posibeis adversidades que poidan xurdir”, así mesmo lembran que existen alternativas como os “filtros EPA avalados polo propio CSIC”.

As xuventudes do bloque remataron o seu acto animando a toda a mocidade do estudantado a denunciar públicamente calqueira situación derivada da mala xestión da Xunta no tocante ao protocolo para as aulas.
Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete