O pleno infantil coa ocasión do Día Mundial dos Dereitos da Infancia.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O pleno infantil coa ocasión do Día Mundial dos Dereitos da Infancia.

A principal demanda neste pleno foi rachar coa fenda dixital

Mellorar a conexión á rede de Internet en todo o territorio municipal e unha maior dinamización de actividades de lecer a través da Rede, foron as dúas demandas máis reiteradas pola maioría dos nenos e nenas do Porriño que participaron hoxe na sesión telemática do pleno infantil. A convocatoria anual responde ao compromiso adquirido logo do recoñecemento de O Porriño como “Cidade amiga da Infancia” por parte de UNICEF e como xeito de conmemorar o Día Mundial dos Dereitos da Infancia

Ademais o pleno que finalmente asistiu Lourdes Moure, concelleira de Educación, serviu  para solicitar o apoio e compromiso dos nenos, nenas e adolescentes na resposta aos retos da situación actual, e para impulsar a Axenda 2030 e cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

Na sesión acordouse realizar de novo co Concello unha iniciativa semellante á do ano pasado no ámbito de movemento internacional #GivingTuesday que consistirá nunha recollida de alimentos e produtos de hixiene infantil para colaborar con “SOS Porriño”.

Tamén se recolleron as propostas da meirande parte dos nenos e nenas participantes a propósito de manter o alumeado de Nadal nas rúas e prazas para como elemento de animación nas actuais circunstancias.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete