EU Son do Porriño invita á concentración no Centro de Saúde

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Será este xoves 29 ás 20.00 h e lembran que "a implicación popular é o único camiño para a loita efectiva"

 

Un xoves máis, EU Son do Porriño Son en Común, fai un chamamento á veciñanza á concentración "pola nosa Atención Pirmaria, como levamos facendo xa tres anos". Esta vez será diante do Centro de Saúde "ese no que queremos atención presencial". Cabe recalcar que está comunicada en tempo e forma á autoridade competente e mantendo as medidas de seguridade.

"Agora máis que nunca debemos defender os servizos públicos, de xeito responsable tanto no social como no sanitario. Queremos amosar que en tempos dunha gravísima crise sanitaria e socioeconómica pódese e débese exercer o dereito á loita social sen poñer en risco a saúde pública" indican dende a agrupación porriñesa.

Deste xeito convocan á mobilización dos cidadáns, xa que "a implicación popular é o único camiño para a loita efectiva contra a pandemia e, ao mesmo tempo, contra os recortes sociais, dos servizos públicos e polos dereitos e as libertades".

Por unha atención presencial

Por unha sanidade digna

Polo persoal sanitario

Atención Primaria, non é atención telefónica

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete