O Concello do Porriño reparte a domicilio a axuda alimentaria ás 430 familias beneficiarias

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A partir de hoxe o banco de alimentos “SOS Porriño” fai a entrega na casa para evitar aglomeracións na súa sede

 

 

O concelleiro de Servizos Sociais do Concello do Porriño, David Alonso, xunto con voluntarios e persoal da Agrupación de Protección Civil, iniciaron hoxe a distribución de caixas de alimentos entre as familias en emerxencia social do municipio que reciben axuda a través de "SOS Porriño".

Na actualidade, 430 familias porriñesas, que prácticamente suman un total de 1.300 persoas, precisan da axuda mensual prestada polo Concello a través de "SOS Porriño".

 A gran novidade do servizo municipal é que, a partir deste mes, a entrega faise no propio domicilio, para evitar deste xeito as aglomeracións que se produciron diante da sede do Banco de Alimentos.

Ao longo de hoxe, os 50 primeiros lotes repartíronse entre familias de Torneiros, Chenlo, Atios, Mosende, Budiño e na zona urbana de Porriño.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete