Mos abre a programación de La Vuelta 20 cunha ‘MasterClass’ a cargo de Pereiro, Pino, “Purito” e Javier Mínguez

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esta charla forma parte do programa deseñado e consensuado pola Mesa de La Vuelta do Concello de Mos con motivo da etapa que sairá desde o Pazo o 5 de novembro.

 

Onte tivo lugar a apertura da programación municipal de actividades previas á saída dunha etapa de La Vuelta Ciclista a España 2020 desde o Pazo de Mos o 5 de novembro cunha charla ofrecida por ciclistas de recoñecido prestixio internacional entre os que se atopou o mosense Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, e embaixador de La Vuelta. 

O acto consistiu nunha ‘MasterClass Ciclista’, celebrada esta tarde no Multiusos das Pozas a cargo de Óscar Pereiro e Álvaro Pino de xeito presencial, e Joaquín Rodríguez “Purito” e Javier Mínguez de xeito dixital, por videoconferencia. 

A charla retransmitiuse en directo vía streaming e contou con asistentes presenciais entre o público que se achegou ata o auditorio do Multiusos, e que estivo integrado fundamentalmente por membros de clubes ciclistas e afecionados a este deporte de Mos e comarca; así como con numerosos espectadores on line que a seguiron en directo desde as páxinas web oficiais do Concello de Mos e La Vuelta a través das ligazóns https://www.mos.es/directo/ e https://www.lavuelta.es/es/noticias/2020/masterclass-ciclista-auditorio-as-pozas-mos 

Esta masterclass, que contou na súa versión presencial con todos os protocolos e medidas preventivas anti COVID-19, forma parte do programa deseñado e consensuado pola Mesa de La Vuelta do Concello de Mos con motivo da etapa que sairá desde o Pazo e que inclúe iniciativas de diversa índole relacionadas co eido musical, artístico, educativo, cultural e deportivo do municipio mosense.

Mos será a única localidade da provincia de Pontevedra na que haberá unha etapa de saída de La Vuelta este ano 2020. Nestes momentos, máis que nunca é preciso ilusionar a poboación e seguindo rigorosamente os protocolos anti Covid-19, celebrar actividades adaptadas á situación actual coa colaboración das institucións e de toda a veciñanza, para conmemorar esta etapa exclusiva que pasará por Mos.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete