Renovada imaxe da Pista 2 do Polideportivo Municipal de O Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Tamén rematan as obras do ximnasio onde se desenrolarán as clases de pilates e de ximnasia de mantenemento

 

 

A pista 2 do Polideportivo Municipal, unha vez rematadas as obras de lixado, arranxo e colocación da nova superficie de madeira para concluír a reparación dos danos ocasionados polas inundacións do 1 de xuño, estrea nova imaxe co pintado das liñas da cancha en cor morada.

A decisión responde a "un xesto de solidariedade coa perspectiva de igualdade e contra a violencia de xénero", manifestou o concelleiro de Deportes, David Alonso, que hoxe estivo a comprobar diversas actuacións no Polideportivo. Entre elas, a colocación nas dúas pistas ,de novas proteccións na zona das canastras.

O concelleiro tamén inspeccionou os traballos de arranxo do ximnasio do Pavillón 1, que están a rematarse coa colocación do novo parqué de vinilo, despois de ter concluídas as obras de impermeabilización.

Precisamente neste ximnasio terán lugar as clases de pilates e de ximnasia de mantemento, divididas en catro quendas, cada unha con 10 persoas e divididas por días.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete