Xa está  en vigor a modificación da "zona azul" do Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As dúas principais novidades desta modificación son a contía das sancións e o límite de tempo de estacionamento

 

O Concello e a Policía Local do Porriño informan de que entrou en vigor a modificación da Ordenanza Reguladora de Aparcadoiros -ORA-, segundo o acordo acadado polo Pleno da Corporación Municipal do Porriño do pasado 30 de xuño, unha vez cumpridos os prazos legais de alegacións e publicidade.

A principal causa pola que se acometera esta modificación da ordenanza foi a limitación do tempo de aparcamento. Deste xeito aténdese unha reclamación da veciñanza pola escaseza de aparcamento na zona da Praza de Abastos e a gran demanda de prazas de estacionamento que se require para atender o comercio.

A Concellería de Seguridade atendeu esta petición en aras de dinamizar o Mercado e o comercio local e dar unha solución ao problema de circulación. Promulgou a modificación da ordenanza que regula o estacionamento, contando co  informe da Policía Local, entendendo que na zona do entorno da praza de abastos, debese axilizar a circulación rodada. Por estas razóns, limítase o estacionamento dos vehículos a 45 minutos e non de 90 como anteriormente, considerando ese tempo como dabondo para realizar as compras no mercado e no comercio local.

No que atinxe ás multas por infracción da ordenanza, actualizase ao establecido polas leis de tráfico, polo tanto haberá unha redución do 50% se o pagamento da sanción se fai efectivo no prazo de 20 días naturais unha vez notificada, sendo as sancións de:

- 36 € por modificar a hora de chegada despois do estacionamento .

- 24 € por falta de disco ou comprobante, superar o límite horario, estacionar de novo na mesma rúa ou praza sen que transcorreran 2 h, ou ocupar 2 prazas de estacionamento.

As prazas destinadas a persoas con dificultades de mobilidade, manterán o tempo de estacionamento de 3 h.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete