Dáse inicio en Mos aos cursos de certificación de Microsoft Office Specialist

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esta semana celebrouse a presentación dos cursos e certificacións.

O Concello de Mos, como entidade certificadora de Microsoft a través da Rede Conecta á que se adheriu fai anos a través da Fundación Esplai, ofrece a posibilidade mediante probas oficiais e de validez e recoñecemento a nivel internacional, acreditar os coñecementos fundamentais en informática e internet no caso do IC3 -GS5, e de validar os coñecementos e habilidades prácticas no uso de Microsoft Office, no caso de BecaMos, que é o Programa no que se encuadra as certificacións de Microsoft Office Specialist, sendo o validador, directamente Microsoft.

A semana pasada un representante en Galicia da Fundación Esplai, Miguel Rodríguez García, presentou o labor realizado pola Fundación Esplai, sobre todo dirixido á mocidade e a persoas maioes e colectivos desfavorecidos, en proxectos de entidade social relacionados coas novas tecnoloxías. O Concello de Mos ten o compromiso de participación en diversos proxectos sociais e tecnolóxicos xestionados por Fundación Esplai, e financiados por distintas administracións a nivel estatal e da comunidade autónoma.

Acompañouno na presentación Guadalupe Ordóñez, voluntaria dixital (desde o ano 2016) do Concello de Mos, a través de Programa de Voluntariado Dixital – Rede Amtega (Xunta), ao que está adherido o Concello. Guadalupe é a supervisora dos exames de certificación, e un grande apoio ao alumnado que se presenta aos exames. Asistiron á xornada alumnos e alumnas do Programa Integrado de Emprego Mos 3.0. V edición, que se está a desenvolver durante este ano. Tamén asistiron algunas das persoas dun grupo de persoas alleas ao Programa e que se van a presentar tanto aos exames de BecaMos como IC3.

Os grupos preparatorios destas probas para obter a certificación oficial son dous: un de membros do Programa Integrado de Emprego, formado por 10 persoas, que comezou as sesións de preparación a semana pasada; e outro, integrado por outros 10 alumnos, que son persoas alleas ao Programa interesadas en obter as devanditas certificacións, e que comezan esta mesma tarde a formación preparatoria para poder presentarse aos exames. Polo tanto, no proxecto BecaMos e IC3 2020 participan un total de 20 usuarios. As probas examinatorias celebraranse en dúas convocatorias que terán lugar a finais do presente mes de outubro e comezos do vindeiro mes de novembro.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete