A AAVV San Benito-San Sebastián reclama o cumprimento da orde plenaria para o uso da sala do Centro Cívico

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Asociación de vecinos de San Benito e San Sebastián do Porriño esixe á Concellería de Cultura o cumprimento da moción plenaria aprobada para recuperar o uso social do salón de actos do Centro Cívico e avanza manifestacións

 

 

A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián agradeceu hoxe aos grupos da Corporación que apoiaron a moción para devolver o uso social ao salón de usos múltiples do Centro Cívico no pleno do pasado día 30 de Setembro.

Este salón de actos, o único do que dispón a veciñanza do Porriño para o desenvolvemento de actividades sociais e culturáis así como as asociacións veciñáis e culturais ubicadas no Centro Cívico, deixou de ter esta función o pasado mes de xuño cando sen previo aviso, a Concellería de Cultura ubicou un salón de estudio para que os estudiantes non o fixeran na biblioteca. A pesares de que a concelleira de cultura defendeu no pleno que a decisión se debía ao cumprimento das medidas anti COVID, a propia concellería de cultura emitiu un comunicado onde afirmaba que a decisión de ocupar o espacio do salón de actos do Centro Cívico como sala de estudo, se debe, en palabra da propia concelleira: “Esta separación de espazos con funcións diferenciadas, da solucións, tanto ás persoas que buscan un lugar para estudar comodamente e en silencio, e a biblioteca municipal recupera o seu espazo para implementar os servizos bibliotecarios a todas as persoas que queiran gozar do fondo bibliográfico, facendo deste goce un agradábel convite.”, quedando claro, por tanto, que a Biblioteca Municipal non desexa que os estudiantes poidan estudar facendo uso da sala da biblioteca.  (Nota publicada na web da Biblioteca Municipal http://ecultura.net/novo-horario-da-sala-de-estudo-municipal/)

Segundo a asociación “a aprobación por maioría absoluta da moción, co apoio do PP, Eu Son Porriño, UDDL e a abstención do PSOE, é un claro exemplo de que a maioría da Corporación está de acordo co que indicábamos na mesma.”.

Lamentablemente, a resposta da Concellería de Cultura do BNG "non só non parece ter intención de cumprir a moción, senón que a súa resposta á aprobación desta moción polo pleno foi a de ampliar o horario a sala de estudo ubicada no salón de actividades múltiples do Centro Cívico, amosando un total desprezo polo Pleno da Corporación Municipal."

Dende a directiva da AAVV, queremos indicar que “o non cumprimento da moción plenaria por parte da Concellería de Cultura amosa o seu pouco respeto polo pleno democrático. Ademáis, queda claro pola propia nota que ela mesma asinou na web da Biblioteca Municipal, que a razón de ocupar o Salón de Actos do Centro Cívico non é o COVID, senón que directamente parecen non querer estudantes na Biblioteca, un sitio onde xeracións de porriñeses e porriñesas acudían a estudar. Non só defendemos que o Salón de Actos do Centro Cívico volte a ser de uso social, senon tamén o dereito dos estudantes do Porriño a poder estudar na Biblioteca Municipal.”

A Xunta Directiva da AAVV adiantou que se non se cumpre o acordó plenario, estudará medidas de protesta e manifestacións diante do Concello para esixir que se cumpla democráticamente co que acordou o Pleno da Corporación.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete