As Palilleiras de Mos contribuirán co seu traballo ao atrezo da saída de La Vuelta en Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Asociación de Palilleiras de Mos, unha das asociacións culturais referente do municipio mosense e integrante ademais da mesa de traballo “Mos con La Vuelta” traballa activamente nun proxecto que formará parte do atrezo na etapa número 15 de La Vuelta a España 2020, que sairá desde Mos en dirección á Pobra de Sanabria o xoves 5 de novembro ás 10 h.

 

Segundo as propias palilleiras o obxectivo deste traballo artesanal en encaixe de bolillos é o reto de elaborar unha artesanía en gran formato e fomentar e impulsar o patrimonio cultural cun sentimento de orgullo e pertenza polo noso, e amosar esta técnica que se leva a cabo en moitos puntos de Galicia. 

O traballo será un gran deseño que xunto co entorno do Pazo enriquecerá ao espazo elixido para a saída. Para o Concello é un orgullo contar con esta asociación, formada por mulleres de cada unha das dez parroquias de Mos, que durante todo o ano organizan diversas actividades ao redor de diferentes técnicas e labores.

Actualmente traballan tamén no “I Encontro de Labores no Camiño 2021”, que inclúe varias actividades concretas como son: a tradicional “Xuntanza de Palilleiras e Labores de Mos”, unha Exposición co título “Camiño do Encaixe”, os obradoiros “Os camiños do Encaixe” e un bus turístico. Este proxecto levarase a cabo maioritariamente nas parroquias de Tameiga-Costoias, e Santa Eulalia de Mos, tramo do Camiño Portugués.

O proxecto executarase ao longo do ano que ven, con motivo do Xacobeo 2021 que transcorre polo Camiño Portugués (Pazo dos Marqueses de Mos) situado no Concello de Mos para promocionar a imaxe cultural, turística, natural e humana das áreas rurais do Camiño de Santiago. Irá dirixido ao público en xeral, entre o que potenciar a importancia do patrimonio cultural galego en xeral e mosense en particular, aos peregrinos ou turistas que visiten ou realicen o Camiño Portugués e á veciñanza do Concello de Mos e concellos limítrofes. 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete