O persoal de Maderas Iglesias convoca unha manifestación este xoves para forzar a Xunta a implicarse “dunha vez por todas”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O comité clama por unha solución urxente á grave crise da empresa antes de que saian a poxa xudicial os terreos do Porriño. A marcha terá lugar o xoves 1 de outubro, empezando na empresa ás 11:00 e rematando na praza do Concello. 

 

O cadro de persoal de Maderas Iglesias, empresa do Porriño que atravesa unha situación crítica, convoca unha manifestación este xoves 1 de outubro para forzar a Xunta a implicarse “dunha vez por todas” na busca dunha solución que garanta o mantemento da actividade industrial e dos empregos. Dende o comité de empresa levan tempo alertando de que a compañía dedicada á fabricación de tarima flotante “ten os días contados” no caso de que saian a poxa xudicial os terreos que acollen unhas instalacións nas que traballan 148 persoas, tal e como decretou o Xulgado de Instrución número 3 do Porriño.

Por iso nas últimas semanas a representación do persoal intensificou as xestións institucionais na busca de apoios entre os Gobernos locais das vilas de orixe das traballadoras/es, ao tempo que optou por convocar novas protestas. A próxima terá lugar este xoves cunha marcha a pé que arrincará da empresa ás 11:00 e rematará diante do Concello porriñés.

Coa protesta tamén queren denunciar o papel que está a xogar a Xunta en todo o proceso, xa que hai 15 días comprometeuse a que se ía a poñer en contacto coa representación do persoal “e aínda estamos agardando”. Entenden que o Goberno galego ten que dar “un paso á fronte dunha vez por todas porque o tempo estase a esgotar e a empresa corre o risco de desaparecer”.

Neste senso, lamentan a “falta total de compromiso” tanto da Consellería de Industria como do Igape, “que están deixando morrer unha compañía galega que foi punteira a nivel mundial no sector da madeira e que chegou a empregar a 800 traballadoras/es, a maioría mulleres”. De feito, lembran que a día de hoxe Maderas Iglesias aínda segue a ser unha das firmas de maior dimensión da comarca, e o seu cadro de persoal segue a estar maioritariamente integrado por mulleres, “moitas delas con moitos anos de antigüidade na empresa e que quedarían nunha situación moi complicada”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete