Este xoves preséntase en Tui o libro “Memorias dun pobo, Santiago de Malvas e as súas xentes (1159-2020)”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O acto forma parte do programa conmemorativo dos 50 da Biblioteca Municipal de Tui

 

 

Este xoves, 1 de outubro, ás 20:00h terá lugar no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a presentación do libro, recentemente editado, de Raimundo Martínez dedicado a súa parroquia de Santiago Malvas. O acto forma parte do programa conmemorativo dos 50 da Biblioteca Municipal de Tui.

 

Co título “Memorias dun pobo, Santiago de Malvas e as súas xentes (1159-2020)” Raimundo Martínez "Rai" realiza unha achega persoal á evolución e á historia da súa parroquia, abranguendo dende os tempos medievais –coas primeiras noticias deste territorio- ata a época contemporánea, sen esquecer aspectos de interese relacionados coa cultura popular que as xentes de Malvas souberon conservar.

 

Raimundo Martínez “Rai” é coñecido pola súa dedicación ao mundo da escultura, con numerosas obras en espazos públicos. No libro que se presentará este xoves podemos atopar unha escolma da súa traxectoria como escultor. Trátase dunha obra que permite achegarnos á vida centenaria desta parroquia tudense a través das vivencias e achegas de Raimundo Martínez “Rai”.

 

O acto de presentación deste xoves contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete