A Deputación inicia a Formación do Persoal de 20 Concellos para o uso dos novos Desfibriladores que instalarán en espazos municipais

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Un total de 43 persoas recibirán esta formación ao longo desta semana, previa a instalación dos 34 DESA en edificios e equipamentos dos concellos

 

 

A Deputación de Pontevedra ofrecerá a partir deste martes 29 de setembro a formación ao persoal dos vinte concellos de menos de 20.000 habitantes que recibirán 34 novos desfibriladores semiautomáticos (DESA) financiados coa axuda da institución provincial. Son un total de 43 persoas as que recibirán esta formación ata o vindeiro venres, no Edificio Administrativo e a sede de Turismo Rías Baixas, repartidas en catro quendas polas restricións de aforo da Covid-19.

 

Os 34 desfibriladores instalaranse nos municipios de Caldas de Reis, Meaño, Moaña, Vilanova, Cuntis, A Illa de Arousa, Sanxenxo, Silleda, Campo Lameiro, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Oia, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, O Rosal, Tomiño e Vila de Cruces. A Deputación entregará estes días os equipamentos aos concellos que, trala formación do seu persoal, os colocarán en edificios, instalacións, equipamentos ou outros espazos de titularidade municipal.

 

O investimento nesta dotación ascende a 78.000 euros, dos que a Deputación financia o 59,6% e os concellos o 40,4% restante. Este orzamento inclúe a subministración, instalación, posta en funcionamento e as labores de mantemento dos desfibriladores. Trátase da terceira adquisición que ten feito a institución provincial destes equipamentos e contando coas dúas anteriores son xa 103 os desfibriladores con que contan 41 municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete