O Pleno de Mos aproba unánimemente unha moción conxunta con medidas de apoio ao tecido empresarial

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O corporación municipal de Mos aprobou hoxe en Pleno unha moción conxunta que recolle unha serie de medidas para apoiar aos autónomos. Haberá bonificacións retroactivas sobre os principais impostos xestionados polo Concello, se ben o Pleno salienta a falta de instrumentos legais ao alcance da administración local.

 

O Pleno de Mos, reunido hoxe, entende que o actual contexto da COVID-19 de empeoramento da situación sanitaria e as medidas de peche, suspensión e redución de actividades, exixe ter en conta as dificultades polas que atravesan as  empresas, profesionais e autónomos que por circunstancias alleas a aqueles se ben obrigados a limitar o mesmo paralizar a súas actividades. Pois ben, en dito contexto, resulta preciso, para evitar o peche definitivo de moitas destas actividades, contribuír ao seu mantemento ou supervivencia reducindo a presión fiscal. Neste sentido, é porén xeralizada a preocupación que existe no ámbito administrativo local sobre a falta de instrumentos legais dos que dispoñen as entidades locais para, dende un punto de vista fiscal, poder paliar os efectos económicos para a poboación en xeral e para os profesionais e traballadores autónomos.

A moción aprobada unánimemente inclúe bonificacións sobre o IAE, IBI e IVTM. Por unha banda, aprobouse unha bonificación excepcional e proporcional (con carácter mensual) no pago do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) relacionados co exercicio de actividades económicas durante o tempo que estean ou estivesen suspendidas, non autorizadas ou afectadas gravemente.  Esta debería ter carácter retroactivo.

Tamén se incúe na moción a bonificación excepcional e proporcional (da mesma maneira, con carácter mensual) no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica  (IVTM) para aqueles vehículos non turismos de carácter industrial, mercantil e comercial e de transporte de pasaxeiros, ante a imposibilidade de desenvolver a súa actividade por orde das autoridades administrativas ou sanitarias. Da mesma maneira, debería ter carácter retroactivo.

Por último, a bonificación excepcional e proporcional (con carácter mensual) no pago do Imposto sobre bens inmobles (IBI) relacionados con inmobles onde se desenvolva o exercicio de actividades económicas durante o tempo que estean ou estivesen suspendidas, non autorizadas ou afectadas gravemente, tamén con carácter retroactivo.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete