"Ópera Breaks" esta tarde en O Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A mestura das actuacións da soprano Esperanza Mara e artistas urbanos como Bboy Serlli e Pol Rock e DJ Mil cobrarán protagonismo ás 18.00 h na praza do Concello

 

 

A programación das Festas do Cristo ofrecerá neste día festivo local no Porriño, un espectáculo musical que mesturará a ópera coas artes urbanas como o break dance e os dj’s.

O espectáculo -producido por “Vella Escola”-  comezará ás 18.00 h na praza do Concello, cun aforo reducido. O responsable de producción, Pablo Castiñeira, explicou que na posta en escena “sumaremos o talento operístico da soprano Esperanza Mara, cos bailaríns Bboy Serlli e Pol Rock e co DJ Mil”. 

A concelleira de Festas y Cultura, Cami Moreira, manifestaba tratarse  “dunha fórmula nova que coido é un formato que debemos promover, pois estas novas formas de espectáculo pretenden acercar a ópera e as artes urbanas a outros públicos”.

“Pretendemos quitar ese aire de que a ópera é un espectáculo para adultos e elitista, cando realmente é unha manifestación musical que pode conxugar moi ben coa arte urbana. Ofreceremos unha fusión entre contar unha historia en formato operístico apoiado con bailes de cultura urbana cun resultado espectacular”, engadiu a concelleira.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete