Videoconferencia da Deputación sobre a Covid19 dirixida a  pemes e autónomos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A webinar “Persoas empresarias e profesionais ante a pandemia: Actitudes para superala con éxito” está enmarcada no ciclo dirixido a pemes e persoas autónomas a raíz da covid19, a cargo do psicólogo Ignacio Abeal e celebrarase o martes 29

 

“Persoas empresarias e profesionais ante a Pandemia: actitudes diferenciais para superala con éxito” é o título da charla en formato webinar que, organizada pola Deputación de Pontevedra, terá lugar o vindeiro martes 29de setembro entre as 10 e as 11 horas e para a que se pode formalizar a inscrición no enlace: https://forms.gle/dzTNyVSpSDn7n7U89

O evento, que se desenvolverá a través da ferramenta Zoom, terá como poñente ao psicólogo industrial Ignacio Abeal para afondar na importancia da superación das adversidades empresariais. Con esta nova videoconferencia, enmarcada na campaña informativa de seminarios online dirixidos a persoas autónomas e pemes que a Deputación estableceu a raíz da covid-19, preténdese impulsar a reactivación do emprendemento entre a poboación e propiciar o crecemento económico sostible mediante a formación.

Ignacio Abeal é licenciado en Psicoloxía Industrial pola Universidade de Santiago de Compostela e tamén diplomado en Relacións Laborais. Conta cunha ampla experiencia profesional como consultor, responsable de RRHH e colaborador da Universidade da Coruña, Santiago, Vigo, UCC, EOI e o IFFE Business School. A súa especialización xira arredor das estratexias de formación e aprendizaxe, coaching, motivación, así como da dirección e xestión de Recursos Humanos e da dirección comercial e o marketing e, na actualidade, é socio director de Nascor Consultores. Abeal explicará nesta webinar de “Persoas empresarias e profesionais ante a Pandemia: actitudes diferenciais para superala con éxito” como un enfoque proactivo e positivo determina en gran medida a superación con éxito das adversidades empresariais. Amais, Abeal afondará na importancia de reaccionar positivamente ante unha circunstancia como a actual e de reflexionar sobre a crise como unha oportunidade para impulsar ese cambio que empeza nun mesmo.