O PSdeG de Mos denuncia que o Concello minte sobre as subvencións da Xunta nas obras da Quiringosta

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Debido á precaria situación das finanzas públicas que o Concello arrastra dende hai uns anos, o goberno mosense está realizando un importante esforzo de contención de gasto para o cal, co fin de sufragar obras, recorre de maneira constante a subvencións doutras administracións, entre as que destaca a Xunta de Galiza. Hoxe, os socialistas de Mos emiten un comunicado no que denuncian a publicación de datos ficticios sobre as subvencións da Xunta por parte do Concello con fins propagandísticos e piden rigor na información.

Na actualidade estanse a rematar os arranxos no Camiño da Quiringosta en Mos que se anunciaban hai unhas semanas. Esta obra orzamentábase en 42.769,87€ e, supostamente, empregaríase unha subvención concedida pola Xunta de Galicia, segundo anunciaban fontes da administración local.

Os socialistas de Mos denuncian que tal feito non é así, debido a que a meirande parte dos fondos proveñen do FEADER, un Fondo Social Europeo para o desenrolo rural, cunha subvención de 26.510,24€, da Xunta de Galiza 6.185,73€ e do Ministerio de Agricultura e Pesca 2.651,03€. Ademais a obra conta cun investimento municipal de 7.422,87€. Á vista do acontecido e que o Concello de Mos quere atribuír subvencións de fondos da Xunta de Galiza que son doutras administración locais, os socialistas din sentirse na obriga de solicitarlle o Concello que informen de forma rigorosa en canto as subvencións.

A voceira socialista, Victoria Alonso, pídelle a actual rexedora que “non engane á veciñanza con subvencións que non son da Xunta, e que abandone esta actitude de intentar menospreciar e desprestixiar a outras administracións que tamén están a facer investimentos no Concello”. Engade que  “parece que xa comezou a campaña de cara as vindeiras eleccións, e quere atribuírlle a Xunta investimentos que non son tan elevados cun interese político”. Recórdalle que como rexedora local, o seu deber é informar de forma precisa da administración da que proveñen as diferentes axudas.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete