O Concello do Porriño distribúe  3.000 máscarillas entre os colectivos máis vulnerables

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Trátase de material sanitario enviado polo Goberno Central que se están a distribuir polos Concellos da provincia

 

 

Para facer fronte á crise sanitaria producida polo covid-19, o Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias - FEMP- achegaron á Deputación de Pontevedra un total de 97.500 máscarillas para o seu reparto entre os concellos da provincia.

Segundo os criterios de reparto establecidos, corresponden ao Porriño 3.000 unidades, que chegaron hoxe ao Concello.

A indicación que realizan dende o Goberno de España e a FEMP é que se reparta este material para que sexa utilizado polos colectivos máis vulnerables, xunto cos operarios de servizos de limpeza, recollida de residuos sólidos, traballadores sociais e policías locais, entre outros. 

Os concelleiros do goberno municipal dos que dependen esas áreas de xestión, reuníronse esta mañá para recepcionar o envío e por conseguinte iniciar xa o reparto, segundo acordaron Lourdes Moure, David Alonso e Sergio Casal. 

O goberno municipal do Porriño quere amosar o seu agradecemento ao Goberno de España, á FEMP e á Deputación pola súa colaboración.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete