III Edición do Festival Underfest en Vigo recentemente adherido á marca Fest Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Terá lugar en varios escenarios da cidade do 25 ao 27 de setembro, con artistas como Belako, Blanco Palamera, Rusowsky, Mori, Egosex ou Tito Ramírez

A primeira das citas musicais será este xoves cun concerto de homenaxe a Ennio Morricone a cargo da Orquestra Clásica de Vigo

 

 

O Underfest Son Estrella Galicia celebra do 25 ao 27 de setembro en Vigo a súa terceira edición incorporado como novo evento membro de FEST Galicia, a marca promovida pola Xunta para prestarlles apoio aos festivais de música máis estratéxicos, impulsar a nosa Comunidade como destino musical e garantir criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social neste tipo de encontros.

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolleu esta mañá o acto de presentación de Underfest 2020, que chega cun formato reducido e con ocupacións limitadas pola normativa sanitaria, mais cunha carteleira baseada en propostas musicais moi selectas e para diferentes tipos de público. Así o expuxeron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a delegada territorial Marta Fernández-Tapias, que acompañaron a Raquel Seijo, da produtora viguesa Sweet Nocturna, promotora do festival, na descrición dos contidos do Underfest deste ano.

A carteleira, encabezada polo grupo vascos Belako, complétase con con outros tres grupos que ofrecerán os seus recitais en tres escenarios da cidade. Así, o festival arrincará o venres 25 no Teatro Afundación cun concerto de homenaxe a Ennio Morricone, con fragmentos de bandas sonoras interpretadas pola Orquestra Clásica de Vigo. O sábado, o evento trasladarase ao Auditorio Municipal, onde actuarán Blanco Palamera, Rusowsky e Mori. O domingo 27 a cita será na terraza do Auditorio Mar de Vigo, con Belako, Tito Ramírez e Egosex.

Na súa intervención, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade lanzou unha mensaxe de apoio e recoñecemento ao todo o colectivo profesional do sector que está a posibilitar que poidamos seguir gozando da cultura. “Temos que ser conscientes de que esta adaptación dos nosos festivais está a representar un novo reto de xestión, unha planificación diferente, que lles permite manter o contacto cos seus espectadores e lles dará impulso para volver con toda a forza en 2021”, engadiu.

Defendeu, así mesmo, a pertinencia da continuidade de iniciativas como a da marca FEST Galicia, creada polo goberno galego hai dous anos e que agrupa na actualidade, as edicións adaptadas, presenciais ou en liña, de 13 eventos adheridos: Vive Nigrán, Sinsal, 17º Ribeira Sacra, Son Rías, Revenidas, Port América, Revenidas, Resurrection Fest, Festival de la Luz, Atlantic Fest, Caudal Fest, Maré e Underfest.

O  director da Agadic explicou tamén que a todos estes festivais se lles presta un apoio especial “xa que compartimos con eles moitos obxectivos: desde a dinamización das industrias culturais ata a configuración dunha oferta de ocio de calidade, pasando polas posibilidades que nos ofrecen aos distintos departamentos da Xunta como plataformas de comunicación de valores positivos con toda a cidadanía, pero sobre todo coa xuventude”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete