Ernesto Iglesias Almeida presenta dous novos libros

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial de Tui, presenta este xoves dous novos libros

Serán “Historia militar de Tui a través de los siglos” e “Os muíños do concello de Tui”

 

 

Este xoves, 17 de setembro, ás 20 h no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) terá lugar a presentación das últimas publicacións editadas polo investigador tudense Ernesto Iglesias Almeida. Trátase de “Historia militar de Tui a través de los siglos” e “Os muíños do concello de Tui”.

 

Con estas obras o cronista oficial da cidade de Tui continúa ampliando o ámbito das súas achegas ao coñecemento da historia e do patrimonio cultural da localidade, combinando sempre o rigor baseado no amplo coñecemento da documentación e a divulgación para achegar a todos os interesados o coñecemento deste amplo acervo patrimonial.

 

Ernesto Iglesias ten editado máis de vinte libros e innumerables artigos de investigación e xornalísticos nos que aborda diversos aspectos da historia, da arte, da cultura... sempre relacionados con Tui e a súa contorna. Grazas ao seu labor investigador, ligado ao seu traballo no Museo e Arquivo Histórico Diocesano, o coñecemento da historia tudense é moito máis amplo.

 

En recoñecemento a este amplo bagaxe o Concello de Tui acordou, no ano 2004, o seu nomeamento como Cronista Oficial e entregoulle a medalla de ouro da cidade tudense.

 

A presentación destas dúas publicacións estará presidira polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete