Un novo paso na consecución do saneamento integral de Salceda

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O barrio da Bouzavedra completará a súa rede de saneamento

 

 

A vindeira semana comezarán as obras do proxecto de ampliación da rede de saneamento de Bouzavedra, na parroquia de San Xurxo, que lle vai permitir a 24 casas contar con este servizo esencial. O proxecto, en marcha xa dende a lexislatura pasada, sufriu un importante retraso por mor da COVID19, pero agora por fin se fai realidade. Os últimos detalles para o inicio da obra concretáronse esta mañá nunha reunión presidida pola alcaldesa, Loli Castiñeira, con asistencia de parte do equipo de goberno, a empresa constructora, a directora da obra e o xerente do Consorcio do Louro.

 

Prevese a construción dun colector de 760 metros de lonxitude que funcionará mediante un sistema de bombeo, conectado á rede existente actualmente na zona, e que se realizará na súa totalidade a través de terreos de titularidade pública. O proxecto, que conta cun orzamento de 157.097,18 €, foi adxudicada por unanimidade polo Consorcio do Louro a Construcciones Vale, ten un prazo de execución de 6 meses e será executada cos fondos do Consorcio de Augas do Louro dentro do libro de ruta para a construción de novos tramos de saneamento nos catro Concellos (Salceda, Mos, Porriño e Tui).

 

O proxecto supón un novo paso na consecución do saneamento integral de Salceda, aínda que lembran dende o Concello que a día de hoxe a Xunta segue sen executar os proxectos de saneamento das parroquias de Soutelo e Entenza, despois de que devolvesen os fondos europeos por non poñer o 20% que lle correspondía á Xunta. Precisamente esta semana dende o Concello remitiuse unha nova solicitude de reunión coa Conselleira, e xa van catro, para tratar sobre esta cuestión, pois ata o de agora ningunha das tres solicitudes anteriores obtivo resposta.

 

Rubén González, concelleiro de medioambiente: "avanzar no saneamento integral de Salceda é unha prioridade para este equipo de goberno, dentro das limitacións orzamentarias continuaremos facendo esforzos xa sexan con fondos propios ou xestionando financiación para levar o saneamento ás vivendas do noso municipio"

 

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, amosou a súa satisfacción polo inicio destas oobras que deixan aos veciños e veciñas do barrio de Bouzavedra en igualdade de condicións, pois ata o de agora sólo a metade alta do barrio contaba con este servizo. “Seguimos a traballar pola mellora das nosas parroquias, conscientes de que a vida no rural debe ter as mesmas condicións e servizos que a vida no casco urbano, polo que a aposta deste equipo de Goberno seguirá a ser a mellora das sete parroquias de Salceda. Agardamos que a Xunta de Galicia tome nota e poña en marcha canto antes os proxectos para as parroquias de Soutelo e Entenza, despois de que os perdesen por non asumir a súa parte de aportación”.

 

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete