Final da “Batalla de debuxantes ImprovisDado” na praza do Concello do Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O vindeiro sábado 19, seis finalistas amosarán distintas disciplinas de arte urbana na que o negro será a única cor empregada sobre distintos elementos

 

A Concellería de Cultura do Concello do Porriño presentou hoxe a final do concurso “Batalla de Debuxantes ImprovisDado” que terá lugar o vindeiro sábado 19, ao abeiro da programación das Festas do Cristo 2020. A partir das 17.00 h na praza Arquitecto Antonio Palacios, fronte ao Concello.

Chegan a esta fase final 6 artistas que resultaron elixidos entre os que se presentaron na primeira fase da convocatoria. Un deles procede de Ibiza e os restantes de diferentes puntos de Galicia entre os que hai unha ilustradora, un arquitecto ou un especialista graffiteiro.

Os finalistas terán 90 minutos para realizar o seu traballo artístico de temática libre sobre un soporte ríxido que pode ser unha parede, unha peza de mobiliario ou outro tipo de obxectos. Terán liberdade para utilizar o utensilio de pintura que desexen, pero a obriga de que sexa coa técnica de man alzada e tan só de cor negra.

O gañador que determine o xurado -integrado por profesionais relacionados co debuxo- acadará un trofeo orixinal e un premio en metálico de 200 €; o segundo premio está dotado con 150 € e o terceiro con 100 €.

A achega da ópera ás rúas, tamén formará parte do sábado, podendo disfrutar deste xénero musical dunha forma distinta ao que estamos acostumados.

Este certame é unha novidade na programación cultural do Porriño, que  está organizado pola Oficina Municipal de Información a Xuventude -OMIX- e producido por “Vella Escola”. “Constitúe unha primicia a nivel mundial xa que é a primeira vez que se fai este tipo de certame e será no Porriño”, reivindicou a concelleira de Cultura, Camila Moreira.

Do mesmo xeito, en representación de “Vella Escola”, Pablo Castiñeira agradeceu á concelleira e ao Concello do Porriño “por esta oportunidade para traer novos proxectos e formatos, sempre é de agradecer que haxa Administracións sensibles a novas propostas”, manifestou.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete