Convenio de colaboración entre o Concello de Tui e COGAMI

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Centro Municipal de Formación acolle un Punto de Información, Orientación e Prospección para persoas con discapacidade

Esta mañá tivo lugar a sinatura do convenio para a prestación do servizo entre o Concello de Tui e COGAMI

 

 

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, situado en Guillarei, conta cun Punto de Información, Orientación e Prospección dirixido a persoas con discapacidade. Este servizo está recollido no convenio de colaboración asinado esta mañá entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente de COGAMI, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Anxo Queiruga.

 

No acto, desenvolvido na casa do concello, contou coa presenza da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, o presidente de VONTADE, Miguel Pazo, entre outros.

 

Grazas á sinatura deste convenio o servizo préstase en instalacións municipais, continuando o labor que COGAMI realizou ao longo dos últimos anos no Centro Sociomunitario de Tui. En concreto trátase do Servizo de Intermediación, Orientación e Prospección de Emprego (SIL) que atende previa cita no teléfono 986 28 18 93 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

 

Previa a sinatura do convenio o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu a COGAMI o seu labor recoñecendo que “sodes os que suplides un labor que debería ser prestado polo conxunto das administracións públicas”. Indicou que “nós estaremos sempre abertos a COGAMI, a VONTADE, e ás asociación que o precisen para establecer calquera tipo de colaboración necesaria e polo tanto asumir tamén o grao de responsabilidade que nos compete coma administración”.

 

A concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, explicou os obxectivos deste convenio que son a colaboración de ambas entidades na atención e promoción das persoas con discapacidade, na busca da mellora da empregabilidade e de ofrecer unha atención e asesoramento especializado que favoreza a inserción laboral.  Ao tempo agradeceu o labor que realizan dende COGAMI “por un mundo máis inclusivo e máis igualitario”. 

 

Pola súa parte o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, indicou que neste punto en Tui traballan para mellorar a inserción laboral, a busca activa de emprego, e en planificar accións formativas para persoas con discapacidade. Na actualidade teñen xa na súa base de datos inscritas a 150 persoas de Tui, das que 53 son mulleres e 97 homes.  Apuntaba que é preciso facer un reforzo das políticas de emprego para persoas con discapacidade, por iso indicaba que é importante “calquera tipo de colaboración que axude ás persoas a crer nas súas capacidades”. Os servizos que prestan van dirixidos tanto ás persoas con discapacidade coma ás empresas que desexen contratar a unha persoa con discapacidade ou que precisen asesoramento en accesibilidade.

 

O texto do convenio recolle que “a finalidade perseguida é mellorar as oportunidades de inserción laboral de persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño, a través da posta a disposición das mesmas do servizo que realiza COGAMI en dependencias municipais do Concello de Tui, que conta coas infraestruturas e recursos axeitados ás actividades que COGAMI desenvolve a través das accións que pon a disposición das persoas con discapacidade”. A posta en marcha deste punto suporá unha mellora importante na atención e servizos que COGAMI presta ás persoas con discapacidade residentes na comarca, así como para acadar e potenciar o contacto coas empresas da contorna de cara a fomentar a creación de emprego para este colectivo, segundo recolle o documento.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete