O PSdeG de Mos reclama á alcaldía que traballe para garantir un inicio de curso seguro no IES de Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O PSdeG envía un comunicado no que denuncia a falta de medios humanos nos centros educativos. Exixe á alcaldesa Nidia Arévalo que traballe para reclamar a actuación da Consellería en vez de atacar ao goberno central.

 

Co inicio das clase, os colexios e o instituto de Mos tiveron que adaptar as súas instalacións cos actuais protocolos, véndose na obriga de desdobrar aulas e mesmo de prescindir de certas clases ou actividades nos seus horarios. No caso concreto do IES de Mos, sendo o único instituto público co que conta o Concello, tiveron que reorganizar as súas aulas para albergar a máis de centos de rapazas e rapaces de forma segura. A día de hoxe, o centro precisa da incorporación de cinco profesores máis para ser operativos a partires do o vindeiro día 23, data fixada  pola Consellería de Educación para o comezo en secundaria.

Esta petición foi comunicada en varias ocasións aos responsables educativos sen obter resposta. Ante tal situación de incerteza e sen obter máis axuda por parte da Xunta, por ser esta quen ostenta a competencia en educación, o órgano directivo do centro presentou a súa renuncia.

Dende o Partido Socialista de Mos, instan a que o Concello preste a axuda pertinente para que o centro poida abrir as súas portas con cinco docentes máis. A voceira socialista di “non entendo coma a alcaldesa está máis preocupada de facer un desgaste do goberno central que de convencer os seus compañeiros de partido na Xunta”, engade “que o centro non dispoña deste persoal suporá para os nosos rapaces non poder ter clases de apoio cando o precisen”.

Victoria Alonso recórdalle a rexedora local que o seu labor é velar polo bo funcionamento dos servizos do concello e neste caso, as e os mosenses precisan que defenda a educación pública diante dos seus compañeiros de partido. Ademais, a voceira tamén reclama que se apoie a directiva do centro que fan unha dobre labor velando pola seguridade do alumnado.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete