Lembramos a apertura do prazo para formalizar a matrícula da Escola Municipal da música do Porriño.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Lembramos a apertura do prazo para formalizar a matrícula da Escola Municipal da música do Porriño.

Os días 15, 16, 17 e 18 de setembro, na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Cívico), en horario de 16 a 21 horas, pódese formalizar a matrícula e reserva de horarios, segundo a preinscrición realizada no mes de xullo. 

As listaxes están expostas nas portas do Centro Cultural e da Escola Municipal de Música. O alumnado inscrito fóra de prazo poderá matricularse a partir do día 22 de setembro de 16 a 18 horas, sempre e cando queden prazas dispoñibles.

 A oferta da Escola Municipal de Música do Porriño é a que se indica: 

  • Música e Movemento os 4 a 7 anos
  • Linguaxe Musical do nivel elemental e medio (entre outras materias) dende os 8 en adiante e sen límite de idade.
  • Especialidades instrumentais: violín, viola, violonchelo, guitarra, piano, canto, gaita, percusión tradicional, oboe, clarinete, saxofón, frauta traveseira, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión sinfónica.
  • Agrupacións: Banda, Orquestra, Conxuntos de Música Tradicional e Corais de nenos e adultos.

As clases comezarán no mes de outubro nas novas instalacións da Escola Municipal de Música no Edificio Multiusos de Torneiros.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete