Tui abre o prazo para as axudas de material escolar e comedor

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Mañá abre o prazo de presentación de solicitudes ás axudas municipais de material escolar e comedor

 

 

Mañá martes, 15 de setembro, abre o prazo de presentación de solicitude das axudas municipais de material escolar e comedor dirixidas ao alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria para o curso 2020/21. Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades para conciliar a vida familiar e laboral.

 

O importe da achega municipal para material escolar é de 80€/alumno/a. No concepto de material escolar inclúese todo o material necesario para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada colexio e as súas técnicas de aprendizaxe (mandilón, chándal, zapatillas deportivas, material informático non inventariable, material funxible, mochila, uniforme, máscaras...). No caso do comedor é de 50€/mes, salvo decembro e abril que será de 35€ por ter menos días lectivos.

 

Poden solicitar estas axudas os alumnos e alumnas empadroados en Tui e matriculados en na segunda etapa de Infantil, Primaria ou Secundaria en centro públicos ou concertados situados en Tui. Entre os requisitos a cumprir está que a capacidade económica da unidade familiar non exceda do 75% do IPREM, é dicir 4.840,56 euros anuais.

 

As bases completas desta convocatoria e os modelos de solicitude está dispoñibles na web municipal tui.gal.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete