A Eurocidade Tui-Valença mostra o seu patrimonio

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esta fin de semana continúan as actividades das Xornadas Europeas da Cultura Xudía na Eurocidade Tui – Valença

A programación inclúe visitas, música e gastronomía sefardí

 

 

Esta fin de semana a Eurocidade Tui - Valença continúa a celebrar diferentes actividades, ao abeiro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, para a divulgación do amplo patrimonio vinculado á presenza histórica da comunidade xudía en ambas cidades transfronteirizas.

 

O programa abrangue diversas visitas que por mor das prescricións sanitarias derivadas da COVID-19, consisten nunha explicación detallada de diversos aspectos relacionados coa presenza xudía, tanto en época medieval como nos séculos XVI e XVII. Posteriormente os asistentes poderán realizar unha visita auto guiada polo patrimonio xudeu conservado en ambas localidades. Terán a súa disposición as guías editadas por ambos municipios. No caso de Tui, as persoas poderán guiarse, ben a través dos códigos QR nos carteis que marcan a ruta xudía por Tui ou a través da APP de turismo de Tui. Existe a posibilidade de seguir a ruta con Google Maps (turismotui.mobi).

 

Actividades para esta fin de semana ( 12 e 13 de setembro)

 

Sábado 12

Ás 12.30 h no Museo Catedralicio: Os prateiros xudeus e criptoxudeus na Catedral de Tui. Correrá a cargo historiador José Ramón Fernández.

Ás 18.00 hora española no Largo Sta. María dos Anjos en Valença: concerto de música sefardí con Carmen Penim (voz) e Maurizio Polsinelli (piano e harmonio). De seguido terá lugar a visita ao Patrimonio judaico en Valença.

 

Domingo 13

Ás 12.30 h no Museo Catedralicio: Colección de Sambenitos da Catedral, a cargo do historiador Rafael Sánchez.

 

Rutas Gastronómicas Serfardís: Bacallau nos Restaurantes de Tui e Valença. Do 5 ao 18 de setembro.

 

A programación tamén consta dunha ampla oferta gastronómica nos establecementos de hostalaría e restauración de Valença e Tui, arredor do bacallau. Unha oportunidade de degustar esta especialidade gastronómica relacionada coa presenza sefardí, na cultura peninsular.


Valença

Churrasqueira Valenciana

Baluarte

Bom Jesus

Fatum - Casa de Fados

Portas da Coroada - Fortaleza

Fortaleza I

Fortaleza II

Muralha

Pousada S. Teotónio

Limoeiro


Tui

Alboio: en empanada

Ideas peregrinas: tosta con bacallau

Parador de Tui: bacallau con broa

El Niño Trasto: á brasa con barbur e melocotón caramelizado

Jaqueyvi: á brasa

Tapas e viños: ensalada con bacallau

La de José Luís: encebolado

El Molino: á portuguesa e tamén empanada

Puro Sabor: ó forno e empanada

Novo Cabalo Furado: á prancha, á galega, ó forno, boliños e tamén

empanada

Vello Cabalo Furado: á portuguesa, empanada e boliños

Santiamén: asado con cebola

A Macoca: ó forno

Pote: ensalada de bacallau e á galega

Happy Restaurant: lascas de bacallau, empanada

Monte Aloia: á brasa e ó forno

Cruceiro do Monte: á portuguesa

A vaca tola: tosta de bacallau

Época: á prancha estilo Época e ensalada templada de bacallau

afumado

Arrayal 39: á brasa e á galega

Asador Paulo: á brasa

 

Finalmente, continúa aberta a exposición de paneis dedicada a un dos máis egrexios tudenses vinculados á cultura sefardí, o médico e filósofo Francisco Sánchez. A mostra “As rutas sefardís: Francisco Sánchez” poderá visitarse no Museo Diocesano de Tui, até o 20 de setembro.

 

A integración de Tui na Red de Juderías de España no 2019, ofrece a nosa cidade unha excepcional oportunidade para proxectar esta oferta patrimonial e turística vinculada ao patrimonio xudeu, un dos máis ricos do noroeste peninsular.