Mos abre o prazo das axudas municipais para comedor e material escolar

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Hoxe, data na que se iniciaron as clases para parte do alumnado de Educación Infantil e Primaria, saen publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases destas subvencións que concede o Concello de Mos.

 

Todas as familias mosenses con menores escolarizados nos centros educativos do municipio serán informadas dos prazos a través dos propios centros e tamén poden solicitar máis información sobre os mesmos no teléfono 986 33 72 78.

Estas subvencións van dirixidas ás familias do alumnado, de educación infantil, primaria e secundaria, para o curso 2020/2021. As axudas van dirixidas aos menores de familias con dificultades socio-económicas e de conciliación da súa vida familiar e laboral. A finalidade última é apoiar ás unidades familiares que por recursos económicos insuficientes vense limitados para afrontar totalmente o custo do servizo.

As axudas para a adquisición de libros e material escolar son para o alumnado de Educación infantil (primeiro e segundo ciclo), primaria e secundaria. O concepto subvencionable será o material escolar, considerado este como aquel necesario para realizar as actividades que se desenvolvan ou se promovan no centro docente, como cadernos de soporte, material de papelería non reutilizableou material de manualidades, e libros, excluíndo expresamente o material escolar e os libros de texto que sexan subvencionados ou cedidos por outras administracións. 

As axudas para o servizo de comedor escolar son para o alumnado de educación infantil (segundo ciclo) e educación primaria dos CEIPs públicos do Concello de Mos, sempre e cando estes non gocen de gratuidade.

As persoas interesadas nestas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos: Ser pai, nai ou titor dun alumno que este matriculada no curso 2020/2021 nun dos cursos obxecto da axuda; non estar incursa nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, so 13 de xuño, de subvencións de Galicia; estar ao corrente por todos os conceptos nas obrigas tributarias e non tributarias coa facenda local, e os seus organismos autónomos (no caso contrario deberán presentar solicitude de fraccionamento de débeda cuxo cumprimento será tido en conta para a concesión de futuras prestación de igual natureza), e cumprir co baremo económico recollido nas bases. Os ingresos económicos que se computarán son os do ano 2019. No caso do comedor escolar o importe das axudas para cada neno/a será de 50 % do custo do menú/día