Cans promove a difusión das curtas premiadas: das salas e o autocine á proxección en internet

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As proxeccións en autocine chegan ao Porriño este sábado, 12 de setembro, ás 21 horas no autocine da explanada do Velódromo Municipal. Dende o xoves 17 de setembro, as películas da sección oficial do Festival poderán verse na web do certame baixo demanda e pago por visión.

 

O Festival de Cans, que esta semana desenvolve o seu formato expandido coa proxeción en salas, aumentará aínda máis as súas proxecións coa exhibición este sábado 12 de setembro das curtas gañadoras nun autocine. Este sistema permite que os espectadores poidan ver as súas películas desde os seus propios vehículos e poidan manter en todo momento a distancia de seguridade e as medidas de hixiene. Será en O Porriño, na explanada do Velódromo Municipal, o sábado ás 21 horas. A Concellaría de Cultura do Concello de O Porriño organiza esta actividade.


O visionado dos filmes en autocine forma parte do proxecto Cans Expandido, deseñado polo Festival para promover o traballo das realizadoras e realizadores cuxas obras formaron parte da competición oficial do Festival. O propio certame tivo que reducir o seu aforo polas medidas de control da Covid19. Cans Expandido, que inclúe a exhibición das cintas a concurso en 9 salas de toda Galicia ademais da sesión de autocine, abordará a súa última fase do 17 ao 20 de setembro, cando os filmes a concurso poderán verse a través da páxina web do Festival, agrupadas en bloques e baixo demanda.

Na proxección en autocine na viña porriñesa, o público poderá acceder cos seus coches de xeito gratuito, pero a actual normativa obriga a que haxa un control de rexistro. As persoas que desexen asistir poden inscribirse enviando un correo electrónico ó enderezo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
 

A sesión de autocine do Velódromo porriñés comezará coa proxección dun documental que se presentou na última edición de Cans fóra de concurso: Cans16, un traballo no que Isaura Docampo nos traslada á edición de 2019 do Festival de Cans.

Despois chegarán os pases de Onde durmen as gaivotas, a curta coa que Dani Cornes obtivo o Premio Deleite do xurado á mellor curtametraxe da sección "Novas Camadas"; Todo el mundo se parece de lejos, de Rafa de los Arcos, que lle valeu á actriz Bruna Cusí o premio a Mellor Interpretación Feminina;  e a cinta El Gran Corelli, de Abel Carbajal, que se fixo co galardón de Mellor Curtametraxe de Animación na competición oficial de Cans 2020.

Pecharán a sesión os dous filmes máis premiados este ano no Festival: por unha parte, 16 de decembro, de Álvaro Gago, que obtivo o Premio do Xurado CREA á Mellor Dirección e que lle valeu o Premio RC Service á Mellor Dirección de Fotografía a Lucía C. Pan.

A última película en proxectarse será a gran trunfadora da competición oficial deste ano: Xoves de comadres, da realizadora viguesa Noemí Chantada. Fíxose cos premios á Mellor Curtametraxe do Xurado, do Público, e do Xurado dos Veciños e Veciñas, e co Premio Agag do Xurado ao Mellor Guión.


Despois desta proxeción, o xoves 17 comezará a distribución en liña: as curtas poderán verse, previo pago, na web do festival de Cans - www.festivaldecans.gal- baixo soporte técnico de Vimeo. As películas estarán dispoñibles para o visionado na internet ata o 20 de setembro nunha iniciativa, o proxecto Cans Expandido, que resulta pioneira entre os festivais de cinema.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete