A Policía local verificará co acceso aos centros docentes sexa de xeito seguro no comenzó das aulas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Axentes da Policía Local do Porriño verificarán a partir de mañá xoves e durante uns días que o acceso a todos os centros educativos sexa conforme aos protocolos anti-Covid e se faga coas debidas garantías de seguridade e de xeito ordenado

Tamén se efectuará a mesma vixilancia na saída dos escolares

 

 

Este foi o compromiso principal acadado pola concelleira de Educación, Lourdes Moure e polo Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez na reunión que mantiveron cos directores dos centros educativos da vila.

Nalgúns casos particulares, como son os colexios de Budiño e Atios, acordouse que o Concello reforce os accesos aos respectivos centros docentes con sinais verticais para evitar atrancos.

A concelleira de Educación exhortou aos pais e nais de alumnos a que presten “a máxima colaboración posible para que esta volta ás clases sexa coa maior tranquilidade posible” e manifestoulles que o Concello “fará todo o posible e que estea nas nosas mans para garantir a seguridade dos nosos nenos e nenas”, dixo Lourdes Moure.