O Concello amosa a súa preocupación pola escalada de sinistros laboráis graves

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello do Porriño amosa a súa “grave preocupación” pola escalada de accidentes laborais con saldo mortal que están a acontecer este ano en empresas radicadas neste termo municipal

 

Preto de media ducia de vítimas no que levamos de 2020, sumando o falecemento dun traballador dunha empresa de granito no polígono das Gándaras, ocorrido onte martes. Como nos casos anteriores, dende a Alcaldía, a súa titular, Eva García trasladou as condolencias do Concello por este doloroso suceso.

Pola súa banda, David Alonso, concelleiro de Emprego expresou a inquedanza do goberno municipal por esta vaga de sinistros e lembrou que dende a administración municipal e a través de “Porremprego”, realízanse cursos de formación en seguridade e prevención de riscos laborais de xeito gratuíto.

“Non obstante semella que cumpre reforzar eses programas de formación en estreita colaboración e coa implicación das empresas para poñer freo a esta sucesión de accidentes laborais”, manifestou o concelleiro de Emprego.