Mos adquirirá novo material agrario forestal para reforzar os labores de limpeza e desbroce

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Unha subvención da deputación de Pontevedra financiará a compra.

 

O Concello de Mos informou hoxe da adquisición de nova maquinaria agraria forestal para reforzar os labores de de desbroce, mantenemento de zonas verdes, limpeza viaria e prevención de incendios forestais. O subministro da nova maquinaria farase con cargo á axuda que lle acaba de ser concecida ao Concello de Mos da Liña 1 do Plan Concellos 2020. A nova maquinaria inclúe desbrozadoras, motoserras, cortacéspede, soprador de folhas, entre outros, e complementará as ferramentas das que xa dispón o Concello para estes labores.

Nos ámbitos da limpeza de zonas verdes e estradas e da prevención de incendios, grazas á colaboración con outras administracións, o Concello conta neste momento con 43 traballadores. Nos traballos de limpeza colaboran oito empregados que pertencen á empresa concesionaria do servizo municipal, once traballadores municipais en plantilla e outros tres financiados pola deputación. Na prevención de incendios, a Conselleria de Medio Rural aporta a 15 traballadores. Por último participan tamén nestes labores de limpeza cinco mulleres contratadas por medio dunha axuda da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia a través dun programa da Secretaría Xeral da Igualdade, que rematan esta semana o seu contrato.