A Desinfección dos Centros Escolares Non é competencia dos Municipios

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Informe solicitado polos Concellos non arroxa dúbidas: A desinfección dos Centros Escolares Non é competencia dos Municipios

 

 

A desinfección dos centros escolares con motivo del Covid‐19 de infantil, primaria e especial non é competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas que excede da pura limpeza”. De esta forma conclúe o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra que foi solicitado por concellos da provincia, como xa ocorreu noutras zonas do estado, para coñecer o alcance real do “Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid‐19 nos Centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020‐2021” das Consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Sanidade da Xunta de Galicia.

 

A solicitude do informe dos concellos á Deputación, sobre se a desinfección dos centros é ou non competencia dos municipios, ven motivada porque o documento da Xunta establece medidas de prevención e medidas xerais de limpeza como un protocolo de limpeza e desinfección, limpeza dos aseos ao menos dúas veces ao día, existencia de material de desinfección, realización de limpeza e desinfección dos postos compartidos nos cambios de quenda, e ao finalizar a xornada, entre outras.

 

O informe asinado polo Secretario Xeral da Deputación, que xa foi remitido aos concellos, inclúe toda a normativa legal tanto estatal como autonómica en materia de educación, salubridade pública e de sanidade, incluídas as responsabilidades mínimas aínda que non sexan competencias municipais, nas que non figura nin unha soa excepción para que sexan os concellos os que corran coa desinfección dos centros.

 

Tamén figura a única normativa que regula la desinfección del Covid‐19 como lexislación do Estado nos centros docentes é o RDL 21/2020, de 9 de xuño, que di que “As administracións educativas deberán asegurar o cumprimento polos titulares dos centros docentes, públicos ou privados, que impartan as ensinanzas contempladas no artigo 3 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, das normas de desinfección, prevención e acondicionamento dos citados centros que aquelas establezan”. “Esta nova competencia, di o informe da Deputación, diríxese ás administracións educativas e os municipios non o son, como así claramente se deduce da Disposición Adicional décimo quinta da L.O. 2/2006, de 3 de maio. As administración educativas son concretamente o Ministerio de Educación e a correspondente consellería autonómica en materia de educación”

 

Así, o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra é contundente: “podemos establecer, asevera, que a desinfección dos centros escolares con motivo del Covid‐19 de infantil, primaria e especial non é competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas, que excede da pura limpeza”. O informe incluso refire que “para esta nova competencia (impropia) que se traslada aos concellos mediante unha disposición que non ten o rango normativo suficiente, non se acudiu nin á delegación de competencias na que deberá de valorarse o impacto no gasto nos municipios afectados sen que en ningún caso poida conlevar un maior gasto dos mesmos (art. 27 LRBRL), nin a encomenda de xestión a través do correspondente convenio que así mesmo deberá acompañarse da financiación necesaria (art. 11 Lei 40/2015, de 1 de outubro).

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete