Obras nos Centros Educativos de Tui

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello de Tui acometeu obras de mantemento e conservación en todos os centros educativos con fondos propios e da Deputación

O Concello destinará preto de 100 mil euros para a desinfección dos colexios

 

 

O Concello de Tui vén de realizar obras de mellora en todos os centros educativos do municipio. O obxectivo foi dar resposta ás necesidades dos oito colexios tudenses incluídas as 6 unidades do Colexio Rural Agrupado, CRA, Mestra Clara Torres, distribuídas nas parroquias, e tamén da Escola de Musica e do Conservatorio de Grao Medio.

 

A Concellería de Educación, cunha partida inicial de 55.000€, levou adiante traballos de mantemento e conservación en todos os centros do municipio. Amais trasladou una partida de 40.000 €, da área de Cultura á de Educación, para facer fronte ás necesidades derivadas da grave situación sanitaria que estamos a vivir nestes tempos de pandemia.

 

As obras máis importantes foron de fontanería. Así adecuáronse as billas de todos os colexios de Infantil e Primaria a esta nova normalidade, instalando preto de 100 novas billas. Tamén se colocaron dispensadores de xel hidroalcohólico nas entradas das aulas e portas principais, abríronse xanelas, adecuáronse aulas para ter maior amplitude, colocáronse videoporteiros ,etc.

 

Actuouse tamén nos patios de dous centros educativos. Realizáronse obras de acondicionamento do patio do C.E.I.P. de Pazos de Reis, e levouse adiante o proxecto dunha área lúdico-educativo, financiada a través do Plan Concellos do ano 2018, cun importe de 40.000€, no patio do C.E.I.P.de Rebordáns.

 

Outras obras executadas foron a reforma dos baños de infantil no C.E.I.P. nº2, e dos baños do C.E.I.P. de Foxo en Caldelas. Tamén está previsto neste inicio de curso o cambio da caldeira no C.E.I.P. de Guillarei, obra demandada por toda a comunidade educativa dende fai anos.

 

A maiores o Concello de Tui, ante a non intervención da Consellería de Educación acometerá o reforzo en desinfección nos centros educativos en horario lectivo cun importe de preto de 100.000€, sendo unha actuación non contemplada inicialmente pero explica a concelleira de Educación, Sonsoles Viventes que “entendemos que o primeiro e a seguridade sanitaria de todos os escolares, que en Infantil e Primaria se achegan aos 1.300 alumnos e alumnas”.

 

Todas estas obras foron acometidas con fondos propios do Concello de Tui e da Deputación de Pontevedra.

Dende o Concello de Tui e dende a Concellería de Educación desexan a toda a comunidade educativa que, este ano tan atípico que estamos a vivir, sexa do máis positivo e cheo de grandes logros no eido educativo. Ao tempo queren transmitir que “estamos e estaremos para dar seguridade e confianza as familias”. Dende o concello queren amais amosar o seu agradecemento ás direccións dos centros educativos e ás ANPAS polo labor que están desempeñando dende sempre e sobre de todo agora nestes tempos da COVID-19.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete