Eva García solicita nova reunión co novo Conselleiro de Sanidade

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Volverá a plantexarlle o proxecto xa firmado e pendente de ampliación do Centro de Saúde

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, solicitou hoxe por carta unha reunión ao novo Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para abordar o estado do proxecto de ampliación do Centro de Saúde do Porriño.

A alcaldesa lembra ao novo titular do departamento, que hai meses firmou co seu antecesor, Jesús Vázquez Almuiña, o convenio para ampliación do centro de saúde.

Eva García traslada a Julio García Comesaña, a felicitación no nome de todos os porriñeses polo seu nomeamento. A continuación, a alcaldesa expon no seu escrito, a preocupación no nome dos porriñeses nos seguintes termos: “quero que sexas consciente do desfase que temos nun concello que xa ten superada os os 20.000 habitantes e que carece de infraestruturas sanitarias modernizadas coma as de concellos limítrofes, como Tui ou Salceda, onde a Xunta de Galicia foi quen de facer novos centros de saúde para servizo dos veciños”.

A alcaldesa porriñesa pecha a súa carta solicitando “gustaríame poder expoñerte estas cuestións de forma persoal o día e a hora que consideres”.