Salceda retoma a modificación puntual das normas subsidiarias no Cerquido co apoio de Zona Franca

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A alcaldesa, Loli Castiñeira, a Concelleira de Urbanismo, Verónica Tourón, os técnicos municipais, e parte do equipo de goberno reuníronse onte con David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo, e o seu equipo técnico

 

O Salón de Plenos de Salceda de Caselas acolleu onte a xuntanza de traballo que tivo lugar entre o Concello e a Zona Franca de Vigo, na procura de poder sacar adiante a modificación puntual das normas subsidiarias na zona do Cerquido, que contempla a calificación como chan industrial de 623.760 m2 dun total de 1.230.115 m2 de actuación.

Hai que lembrar que as empresas alí instaladas teñen as súas naves en chan rústico, o cal lles impide ampliar ou reformar as mesmas. Ademais, o Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables do Ministerio de Medio Ambiente inclúe boa parte da área empresarial actual, problemas que se solucionarán coa aprobación da modificación. Por outra banda abriríase a posibilidade de que se instalasen alí novas empresas, coa consecuente creación de emprego que beneficiaría a Salceda e arredores.

O Concello conseguirá ademais 12.475m2 para equipamentos públicos, así como o 10% da edificabilidade en chan industrial.

En canto aos veciños e veciñas da zona do Cerquido, esta modificación garántelles a protección urbanística do núcleo de vivendas xa existente, deixando o núcleo perfectamente delimitado.

O delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, púxose a disposición do equipo de goberno para poder sacar adiante o proxecto e abriu unha vía de comunicación entre os equipos técnicos de ámbalas dúas institucións.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, agradeceu a boa disposición de Zona Franca e do seu delegado, lembrando a enorme importancia que esta modificación ten para o Concello de Salceda  e a oportunidade única de ordear a principal zona industrial de Salceda.

 

               

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete