A Deputación de Pontevedra inicia en Pontevedra e Vigo os tres cursos de español para persoas inmigrantes

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As 55 persoas participantes prepararán con estes cursos o exame DELE A2 que é a proba indispensable para que poidan solicitar a nacionalidade española.

 

A Deputación iniciou este luns os tres cursos de español dirixidos a persoas inmigrantes deste 2020, que se desenvolven en Pontevedra e Vigo. Esta actividade formativa, que este ano chega a súa cuarta edición, vai encamiñada a que as e os participantes poidan superar posteriormente o exame DELE A2 expedido polo Instituto Cervantes, unha proba que é requisito indispensable para que poidan solicitar a nacionalidade española. Un dos cursos ten lugar en Pontevedra, no Centro Príncipe Felipe, onde esta mañá a deputada Olga García deu a benvida ás e aos participantes, e os outros dous na sede da institución provincial en Vigo, onde estivo hoxe a deputada Ana Laura Iglesias.

A pandemia da COVID-19 obrigou a pospoñer o calendario destes tres cursos, que agora se retoman cun estrito protocolo pola pandemia da COVID-19. Deste xeito, as sesións que antes tiñan lugar no Edificio Administrativo trasladáronse ao Centro Príncipe Felipe para facilitar a ratio de 20 alumnas e alumnos por clase seguindo a normativa sobre distancia de seguridade. Ademais, é obrigatorio o uso de máscaras durante as clases e as persoas participantes teñen a súa disposición material de hixiene para garantir a seguridade sanitaria.

Os tres cursos teñen 40 horas de duración. No caso dos de Vigo, un terá lugar en horario de mañá e outro pola tarde, mentres que no de Pontevedra as sesións serán pola mañá. Este ano ofertáronse 55 prazas (20 no curso de Pontevedra e 20 e 15 nos dous de Vigo) e a demanda desta actividade queda reflectida no feito de que houbo máis de 130 solicitudes de participación, a maioría de cidadáns de Marrocos, seguidos das e dos de Brasil e Senegal. Tamén se rexistraron peticións de persoas de Ghana, Nixeria, Costa de Marfil, Alxeria, Rusia, Moldavia, Mauritania, Ucraína, Bulgaria e Quenia. 

Os cursos, que están impartidos por persoal docente do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo, están dirixidos a persoas inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisen superar o DELE A2 para a obtención da nacionalidade española. Con esta actividade, a Deputación de Pontevedra tenta facilitar ás persoas de países non hispanofalantes a consecución deste título e, por conseguinte, apoiar a súa integración na provincia como cidadanía de pleno dereito. Trátase dunha proba que require unha preparación previa e ten un custo económico que dificultan o acceso á nacionalidade española para un determinado sector da poboación e, polo tanto, favorecen procesos de exclusión social. Con esta iniciativa, a institución provincial subvenciona o custo da formación e tamén o da matrícula no DELE A2. Nas tres edicións anteriores, estas actividades tiveron un total de 180 participantes.

De seguir o calendario agora previsto, o alumnado poderá despois de finalizar estes cursos examinarse da proba DELE A2 o 14 de novembro no Instituto Cervantes de Vigo, salvo que a situación derivada da COVID-19 faga necesario a modificación desta data.

No pasado 2019, o 87,8 % do alumnado que realizou estes cursos de español aprobou o exame do DELE A2, un dato que a Deputación considera moi positivo, sobre todo ao ter en conta que as persoas que se presentan a estas actividades teñen que compatibilizar a formación e os estudos co seu traballo ou as súas cargas familiares, para as que non teñen apoio.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete