Concerto de Roi Casal no Teatro Municipal de Tui

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Roi Casal actuará mañá no Teatro Municipal co seu concerto “As músicas do Camiño”

O espectáculo estaba programado inicialmente na rúa pero foi trasladado ante a previsión de choiva

O aforo limítase a 150 persoas

 

O músico Roi Casal presentará mañá domingo, 16 de agosto, en Tui o seu espectáculo musical “As músicas do Camiño”. Será ás 22 h no Teatro Municipal, xa que debido as previsións de choivas foi cambiado o emprazamento dende a rúa Compostela, onde esta inicialmente programado, ao teatro tudense. Debido a isto o aforo limitase a 150 persoas. A reserva de entradas segue aberta até mañá domingo, ás 12, ou até que esgoten as prazas dispoñibles, en enterticket.es

 

Roi Casal fará un repaso a boa parte da súa discografía facendo un compendio da música do seu camiño dende o primeiro albume “Lendas douradas”, pasando por “Maxicamente Vello” e “Donos do noso destino” até o último “Son Galego, son Cubano”. Durante a hora e media do concerto pasará por distintos ambientes musicais, dende uns onde arpa e a zanfoña teñen moita presenza, até outros cun carácter pop máis marcado.

 

A entrada ao concerto no Teatro Municipal poderá realizar dende 45 minutos antes do concerto seguindo o protocolo COVID establecido, que inclúe a limitación de aforo, sinalización de entradas e saídas, desinfección con xel hidroalcohólico, uso obrigatorio de máscara ao longo de todo o espectáculo.

 

Este concerto forma parte da programación cultural “Volvemos á Rúa” organizada polo Concello de Tui e chega a Tui ao abeiro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete