Delegación do Goberno informa de axudas por 30 millóns de euros por suspensión ou redución da actividade pesqueira.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Delegación do Goberno informa de axudas por 30 millóns de euros por suspensión ou redución da actividade pesqueira.  

As persoas profesionais da pesca poden percibir un máximo de 50 euros por día de parada dende o 16 de marzo. 

A Delegación do Goberno informa da convocatoria de axudas por 30 millóns de euros por suspensión ou redución da actividade pesqueira. Trátase dunha liña de axudas do Executivo central publicada no BOE de hoxe, polo que hoxe abre o prazo de solicitude, que durará quince días. 

O obxectivo do Goberno é “facer chegar de forma urxente liquidez” ao sector pesqueiro. Por eso, esta liña de axudas conta con “prazos acurtados ao máximo para asegurar a plena eficacia e efictividade da medida” e unha dotación de 30 millóns de euros. 

A Delegación do Goberno destaca o compromiso do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para impulsar esta medida. Trátase dunha iniciativa crucial para Galicia dada a importancia do sector da pesca na Comunidade. 

Poden optar a estas axudas tanto persoas armadoras de buques pesqueiros coma persoas pescadoras que traballaran a bordo dun buque pesqueiro español afectado pola paralización. A condición é que houbera unha redución ou suspensión da actividade pesqueira de a lo menos dez días consecutivos entre o 16 de marzo e o 31 de maio. 

Así está regulado no Real Decreto 703/2020, de 28 de xullo, que antecede á publicación de hoxe. Este texto explica que a liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP) e aborda as contías máximas. 

No caso das persoas armadoras, esta está determinada por unha serie de baremos obxectivos. Para as persoas dedicadas á pesca, a contía máxima é de 50 euros por cada día de parada, tendo en conta os días laborables dende o 16 de marzo. 

Esta medida enmárcase na aposta do Goberno por establecer un escudo social fronte á COVID-19. É a primeira vez que se aborda unha crisis con inxección de fondos en lugar de recortes. Vén a complementar outras medidas previas para combatir á falta de liquidez, como os ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o Ingreso Mínimo Vital.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete