Ambulancia 24 h para Ponteareas e Comarca

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O PSdeG de Ponteareas aplaude a iniciativa da empresa concesionaria por contemplar como mellora no servizo a posta en funcionamento da  ambulancia 24 h en lugar de 12 h tal e como reclamamos os socialistas nos últimos anos

 

 

As veciñas e veciños de Ponteareas e da comarca do CondadoParadanta terán a partir do vindeiro día 16 de agosto unha ambulancia 24 h que ampliará ás 12 h existentes.

Esta mellora e grazas a empresa adxudicataria, que contemplou esta ampliación como unha mellora a propor para o servizo que se presta no noso concello, unha vez que o PP a retirou fai uns anos.

Dende O PSdeG de Ponteareas consideramos lamentable que dende a Xunta de Galicia, gobernada polo PP, non se esixise que este tipo de melloras no servizo fosen imprescindible para a renovación da concesión, quedando así este tipo de actuacións a consideración das empresas adxudicatarias.

Por último, os Socialistas de Ponteareas esperamos que este servizo, que debería ser público, se manteña no tempo e non sufra os recortes os cales nos ten, desgraciadamente, moi acostumados o PP en materia de servizos sanitarios.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete