EU-SON Porriño "sempre ao carón do noso profesorado"

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A agrupación local congratula ao profesorado do IES Ribeiro do Louro pola recente aprobación da Unión Europea no proxecto "EYFEC". Ademáis, require á concellería de Educación colaboración co equipo de profesorado para trasladar as necesidades dos centros para o vindeiro curso.

A agrupación local EU-SON traslada os seus parabéns ao equipo de profesorado do IES Ribeira do Louro pola recente aprobación do proxecto "EYFEC", siglas compostas por "Empowering Youth for Facilitation Ecological Transition" -Empoderamiento da Xuventude para a Facilitación da Transición Ecolóxica-.

O proxecto ten como obxectivo a dinamización da xuventude e organizacións no gubernamentais en materia de transición ecolóxica para a concienciación e a participación activa na loita contra o cambio climático. Este plan é xestionado directamente pola UE e conta cun orzamento de 150.000€, sendo coordinador o concello do Porriño, da man da nova concellería de Proxectos Europeos dirixida por Lourdes Moure.

Para a agrupación EU-SON "Unha vez máis o seu bo facer dá froitos e desta volta, grazas á súa xenerosidade, estes serán para toda a mocidade do Porriño."

EU-SON lembra que "Vén de longo a tradición do IES Ribeira do Louro, tanto do seu equipo directivo, como do profesorado e do persoal de administración e servizos no deseño e xestión deste tipo de proxectos financiados con fondos europeos. Supoñen unha oportunidade marabillosa para para o estudantado de secundaria, xa non só na adquisición de coñecementos, senón tamén de experiencias a compartir con mozos e mozas doutros países tanto aquí como noutras terras como Suecia ou Polonia para aprender sobre comercio xusto, por poñer un exemplo" e incide en que "o Concello terá unha fermosa misión con este cometido do que son parte tamén outras institucións académicas e universidades españolas, portuguesas, mozanbiqueñas e caboverdianas."

"Sentimos orgullo do noso profesorado, de todo, tamén de iniciativas desenvoltas en educación primaria como as promovidas por Miriam Campos Leirós do Antonio Palacios como Plastik off ou Profes polo Futuro. Por todos eles e elas e o seu traballo impagable cada día, tampouco podemos esquecer que temos enriba xa o comezo do novo curso escolar."

Dende o partido ínstase ao concello a que "se poña ao carón do profesorado de todos os centros de ensino do Porriño e de todas as súas ANPAS", nesta crise do COVID- 19 para esixir á Xunta de Galicia as necesidades que os centros educativos presentan e presentarán para facer fronte á nova situación, entre as que se encontran a dotación de máis personal educativo e de apoio, máis recursos, a reducción do ratio de alumnos por aula, as medidas precisas para manter a seguridade fronte ao Covid-19, atención á diversidade, e alternativas asumibles para abordar o vindeiro curso.

"O profesorado e as familias non poden quedar desamparados ante esta situación, a Xunta de Galicia non pode botar toda a responsabilidade sobre as dirección dos centros, o seu equipo docente e non dar garantías a nais e país. E tamén queremos, unha vez máis, instar ao Concello a que esixa á Consellería de Educación o a construción dun novo centro que substitúa ao actual Colexio Fernández López. Xa vai sendo hora de dar a cara polo Porriño ante quen ten as competencias correspondentes.

Eses son os proxectos urxentes e esas son tamén as foto que queremos."

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete