Un novo obradoiro de emprego mosense dará traballo e formación a 16 mozos durante un ano

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Xunta de Galicia concede ao Concello de Mos unha subvención de preto de 370.000 euros para levar a cabo este programa de fomento do emprego.

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos deu hoxe conta da concesión de subvención á administración local mosense por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para a realización do proxecto do Programa de emprego denominado “Mocidade no Camiño” para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe).

Así o informaron esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Promoción económica, desenvolvemento empresarial, emprego, educación, persoal e réxime interno, Julia Loureiro, quenes destacaron “a importancia da concesión deste obradoiro nestes momentos nos que a crise da COVID-19 xa está a facer visibles e acuciantes as necesidades económicas en moitas familias mosenses, así como a nefasta repercusión no mercado laboral e o aumento do desemprego”, declararon, e insistiron que “a pesar de non ter competencias directas en materia de Emprego, ésta é a principal prioridade do Concello de Mos nestes intres, por iso estamos a facer todo o posible para desenvolver políticas de apoio aos/ás desempregados/as, accións entre as que se atopa este obradoiro”.

Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

A axuda ao Concello de Mos, ascende ao importe global de 369.492,32 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego e os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriba co alumnado, sendo a contía destinada para a gastos salariais de alumnos e traballadores de 235.553,12 euros.

O Programa de emprego denominado “Mocidade no Camiño” dará emprego durante un ano a 16 alumnos traballadores, persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e distribuídas nas especialidades formativas de deseño de produtos gráficos e multimedia (8 prazas) e xardinería e auxiliares de conservación de montes (8 prazas).

Os obxectos de actuación para a execución do desenvolvemento do proxecto son a actuación na Senda do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos mediante saneamento e poda de árbores, limpeza arredor dos árbores, mantemento de macizos e plantas, operacións de control fitosanitario, reposición de elementos e pequenas obras de mantemento; e a posta en valor do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos a través de actuacións de marketing e publicidade, a través da realización de materiais gráficos e multimedia, que poñan en valor a zona, e den a coñecer aos peregrinos, e á poboación en xeral, a riqueza natural e etnolóxioca existente ao longo do Camiño.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete