O programa Muller Tui impartirá nove obradoiros en agosto e setembro

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Está aberto xa o prazo de inscrición para os dous primeiros obradoiros

 

 

Está aberto o prazo de inscrición para os dous primeiros obradoiros que se van impartir dentro do Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade “Muller Tui”.

 

Serán un total de nove accións formativas a celebrar neste mes de agosto e o de setembro orientados a mellorar a autoestima e a autoconfianza das mulleres e a dotalas dos recursos necesarios para mellorar a súa participación social e laboral:

 

A primeira das actividades terá lugar o próximo martes, 11 de agosto, de 10 a 12 h co título de “Obradoiro de autocoñecemento”. Correrá a cargo da psicóloga experta en igualdade Mónica Novás. As prazas son limitadas polo é preciso inscrición previa no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e nos teléfonos 664 552 493 e 687 227 190.

 

Xa o venres 14 impartirase o taller “Autocoidado e Empoderamento”.

 

As mulleres interesadas poden inscribirse nestes obradoiros no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e nos teléfonos 664 552 493 e 687 227 190.

 

O calendario previsto de obradoiros é o seguinte:

Martes, 11 de agosto, de 10 a 12 h Obradoiro de autocoñecemento

Venres, 14 de agosto, de 10 a 12 h Autocoidado e Empoderamento

Venres, 21 de agosto, de 10 a 12 h Sexualidade

Venres, 4 de setembro, de 10 a 12 Obradoiro "A actitude Multiplica"

Venres, 11 de setembro, de 10 12 h Dereitos e recursos que asisten ás vítimas de Violencia de Xénero

Venres, 18 de setembro, de 10 a 13 h Obradoiro Ideas de Negocio. Emprendemento

Martes, 22 de setembro de 10 a 12 Mercado laboral oportunidade de emprego

Xoves, 24 de setembro de 10 a 13 h Novas tecnoloxías na procura de emprego

Venres 25 e martes 29 de setembro de 9 a 14 h Módulo de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres

 

Cómpre lembrar que o programa “Muller Tui” está dirixido a mulleres tanto vítimas de violencia de xénero como a todas aquelas que se atopen en situación de vulnerabilidade: mulleres desempregadas, con baixa cualificación, con discapacidade, menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, migrantes, con responsabilidades familiares non compartidas, etc. e que precisen unha atención e asesoramento especializado.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete