A Escola de Música de Torroso e a Banda Xuvenil reúnense co Concello para tratar a apertura do curso

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 Representantes do Concello de Mos, da Escola Municipal de Música e da Banda de Música Xuvenil de Torroso reuníronse esta mañá no salón de sesións do Concello de cara á preparación do inicio do vindeiro curso no mes de setembro con todas as medidas de seguridade sanitaria. Aproveitaron para asinar os convenios de colaboración anuais.

 

A Escola de Música e o Conservatorio Profesional de Torroso abrirán de novo as súas portas ao alumnado adaptándose ás novas e excepcionais circunstancias que estamos a vivir. Con obxectivo de tratar este asunto celebrouse unha xuntanza esta mañá con representantes do Concello na que se abordaron as medidas de seguridade que incorporará o novo protocolo educativo que se porá en marcha no Centro Dotacional de Torroso a partir do próximo mes de setembro, co inicio do novo curso.

Por outra banda, durante a reunión celebrada hoxe no Concello, aproveitouse tamén para asinar sendos convenios de colaboración que se veñen asinando de xeito periódico anualmente, co Centro Cultural e Recreativo de Torroso para o funcionamento da Escola de Música e coa Banda de Música Xuvenil de Torroso. Ambos convenios foron asinados por Iván Rey Grandal, en calidade de presidente de ambas entidades, e pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

O convenio coa Banda está dotado dunha contía económica de 12.000 euros e o da Escola de Música Municipal recibe unha aportación de 45.000 euros. Polo que Torroso recibe un total de 57.000 euros en concepto de axudas municipais co obxectivo de seguir apoiando á musica, un dos principais elementos identificadores desta parroquia mosense. Durante a sinatura dos convenios Iván Rey Grandal estivo acompañado polo presidente da Comunidade de Montes de Torroso, Camilo Grandal, e polo vicepresidente do Centro Cultural e Recreativo de Torroso, Rubén García Ferreira.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete