O Festival de Cans leva a Caminha a obra de novas e novos creadores da Galiza

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Teatro Valadares exhibe este mércores catro curtametraxes galegas dentro do ciclo Cinema + Perto. Últimos días de venda de abonos para a edición máis exclusiva de Cans; só ata o sábado.

 

Primeiro pasaron polo Festival de Cans, e obtiveron o recoñecemento do público ou o do xurado. E agora serán exhibidas na cidade portuguesa de Caminha. Catro curtametraxes galegas proxéctanse este mércores nun evento clave para os amantes do cine no norte de Portugal: o ciclo 'Cinema + Perto', organizado polo Cine Clube Locus Cinemae e no que se poderá coñecer tamén o traballo doutras creadoras contemporáneas, coma a directora e guionista portuguesa  Maria Eduarda Rodrigues.

O fermoso Teatro Valadares acollerá a partir das 21,00 horas (hora portuguesa) deste mércores a proxección de "O Neno bonito" de Fran X. Rodríguez, Premio do Público na última edición de Cans; "Homomaquia" de David Fidalgo, curta de animación que recibiu en Cans a Mención Especial do Xurado e acabaría sendo finalista dos Premios Goya; "O que medra por dentro" de Nacho Ozores, que levou ó premio á mellor interpretación masculina para o protagonista Jaime Olías; e "Cando mamá pechou as caixas", documental da cineasta de A Guarda Arancha Brandón. O ciclo complétase co encontro de Arancha Brandón no Teatro Valadares para presentar a súa obra e conversar co público.

A presidenta da entidade promotora do Festival de Cans, a Asociación Cultural ArelaKeka Losada, tamén estará co público de 'Cinema + Perto'. Presentaralles tanto as curtas galegas que se proxectarán coma a vindeira edición do Festival de Cans.

A chegada da obra das novas e novos cineastas de Galicia é froito do acordo de colaboración que o Festival de Cans mantén co Cine Clube Locus Cinemae de Caminha para a difusión das novas creación audiovisuais de Galicia. A entrada é libre, pero por motivo das medidas de seguridade vixente, só poderán acceder á sala un máximo de 70 persoas, que ocuparán a súa butaca por orde de chegada.

ÚLTIMOS DÍAS DE VENDA DE ABONOS

A venda dos abonos da edición máis exclusiva co Festival de Cans, na que por mor da redución de aforo posta en marcha pola organización para garantir a seguridade do público e veciños, entra na súa recta final. Remata este sábado.

O público está respondendo ben á proposta: abonos de mañá ou de tarde, 200 en cada caso, a prezos que van dos 20 euros da mañá aos 25 euros da tarde. Cando a remate a venda de abonos, tan só se sobrasen entradas poderán ser postas á venda. Dada a reducción de aforo deste ano, é posible que cos abonos se acabe a totalidade das entradas.

Os abonos de mañá permite visionar as curtametraxes a concurso que se proxectan en horario matutino e participar no coloquio co director Oliver Laxe. O abono da tarde dá acceso ás proxeccións vespertinas, ao concerto de Hendrik Rover y Los Míticos GTs e á entrega de premios. Estas actividades celebraranse no novo Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.

As entradas están á venda na tenda online do certame: https://tenda.festivaldecans.com/.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete