O BNG de Mos reclama ao Concello un trato equitativo para todas as asociacións veciñais

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Partido Popular levou ao último pleno unha moción da A.V. de Vilar, en Redondela, á vez que rexeitou atender as demandas dunha parte do tecido asociativo de Mos. Gustavo Barcia afirma que para o goberno de Nidia Arévalo “hai mosenses de primeira e de segunda” e cre que o PP entende a política “de forma caciquil”, pois dá un trato privilexiado a determinados colectivos.

 

No pleno do mes de xullo no Concello de Mos, o Partido Popular presentou unha moción da Asociación de Veciños de Vilar na que se reclamaba a modificación do proxecto que ten a Deputación de Pontevedra para a reforma da Estrada EP-2906. O que pedían era retomar un proxecto anterior, redactado cando o PP gobernaba a Deputación, e o portavoz do BNG, Gustavo Barcia, amosou xa naquel momento a súa estrañeza ante esta iniciativa da equipa de goberno. Pediu explicacións e votou en contra da moción, ao entender que o lugar onde debería ser debatida era o Concello de Redondela, ao que pertence a parroquia de Vilar.

A reacción do grupo municipal do BNG foi de sorpresa pero tamén de indignación, non polo contido da moción senón polo propio feito de presentala. En palabras de Gustavo Barcia, “a alcaldesa recibe na casa consistorial a unha asociación do concello veciño e leva as súas reivindicacións ao pleno, pero négase a atender as demandas dunha parte do tecido asociativo de Mos”. Denuncia que “algunhas asociacións do concello non son recibidas, non obteñen resposta aos seus escritos e mesmo son declaradas non gratas”,  algo que o concelleiro nacionalista ve como “un claro síntoma de sectarismo”.

Un dos colectivos que sofre a discriminación de trato por parte da alcaldesa Nidia Arévalo é a A. VV. da Portela de Tameiga. Os seus representantes denunciaron recentemente e de maneira pública que o Concello desouve as súas demandas e rexeita reunirse con eles desde hai xa meses, deixando así desatendidas as súas necesidades con respecto, por exemplo, o tráfico e a seguranza viaria da zona, o ordenamento do territorio ou a recollida do lixo.

Gustavo Barcia lembra que a equidade no trato é unha obriga das institucións públicas na súa relación coa cidadanía. Afirma, ademais, que “para o BNG de Mos non existen mosenses de primeira e de segunda, senón que toda a veciñanza e todas as asociacións son igual de importantes e todas teñen dereito a ser recibidas”. Na súa opinión, “Nidia Arévalo e a súa equipa de goberno entenden a política de forma caciquil e por iso certos colectivos, mesmo de fóra do concello, teñen un trato privilexiado”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete