As Pedriñas-Territorio Cultural convida a unha noite de rock en galego da man de Mascada

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O vindeiro xoves 6 de agosto, na terraza do Rebullón, terá lugar o concerto de Mascada a partir das 21:00h. Novamente, a entrada será de balde con billeteira inversa.

 

Gustavo e Héctor un baixo, unha batería, dúas voces chegaron en agosto de 2019 e viñeron para quedar. Son un dúo, pero non tocan "La Flaca" nin animan banquetes de vodas (de momento).Isto vai de suor, adrenalina, actitude, creatividade e decibelios, moitos decibelios. Cera, ás veces preto do stoner, outras da psicodelia, mesmo do rock progresivo...pero cera.

Beben de todos estes estilos pero sobre todo estan influídos polo ecosistema musical que nos rodea. Cantan en galego porque viven en galego. É a forma máis sincera e verdadeira de cuspir no micro o que lles sae de dentro. Utilizan a lingua con total naturalidade, fuxindo de clixés e etiquetas políticas. Da mesma maneira tamén confían no poder de expresión da propia música, polo que dan cabida a temas 100% instrumentais. Isto non é unha afección, é a súa paixón e queren convertelo na súa forma de vida.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete