9 Comunidades de augas acadaron subvencións do Concello por un importe global de máis de 52.000 €

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

9 Comunidades de augas acadaron subvencións do Concello por un importe global de máis de 52.000 € 

Nove comunidades de augas de consumo acadaron subvencións do Concello do Porriño para realizar control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante este ano 2020.

As nove comunidades de augas beneficiadas son: Cerquido; Rozadas-Eirís; Atios; Torneiros; San Jorge-Mosende; Chenlo; Carracido; Budiño-Cruz e Cans.

Esta semana reuniuse e coñeceuse a resolución da comisión de avaliación que presidiu o concelleiro de Infraestructuras, Pedro Pereira asistido por tres técnicos municipais. A comisión determinou os importes das subvencións que totalizan 52.162 €.

As achegas maiores serán para Cerquido, San Jorge-Mosende, Chenlo e Cans que recibirán a o importe máximo que estaba limitado nas bases da convocatoria a 8.000 euros. 

As restantes recibirán: Atios, 7.647 €; Rozadas-Eiris, 5.914 €; Torneiros, 2.800 €; Carracido, 2.542 €; e Budiño-Cruz, 1.258 €.

Pedro Pereira, concelleiro responsable deste departamento anunciou que “o Concello do Porriño vai manter nos vindeiros anos esta liña de subvencións municipais en colaboración coas comunidades de augas”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete