Un centenar de veciños de Tui xa contan cun composteiro individual

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os interesados poden solicitar o seu COIN por correo electrónico ou rexistro de entrada

 

 

Un centenar de veciños e veciñas de Tui contan xa nos seus domicilios cun composteiro individual, COIN, distribuído polo concello de Tui nos últimos meses. O pasado venres dez persoas recibiron o seu composteiro tras asistir á charla sobre a compostaxe que impartiu a mestra composteira municipal. Estas persoas tiñan presentado previamente a solicitude dun COIN para a súa vivenda.

 

Coa distribución de composteiros individuais o Concello de Tui aposta pola reciclaxe, e neste caso concreto pola redución da fracción do lixo que vai ao contedor verde.

 

A mestra composteira realiza ao longo do ano un seguimento de cada un dos composteiros entregados, para comprobar que se está a realizar o proceso de xeito correcto. Ao tempo resolve aos veciños e veciñas calquera dúbida que lles poida xurdir na utilización do COIN.

 

As persoas que desexen contar cun composteiro individual nos seus domicilios poden presentar a solicitude, no modelo accesible en tui.gal, a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., por rexistro de entrada na casa do concello ou na sede electrónica.

 

Amais dos composteiros individuais cómpre lembrar que en Tui hai tres composteiros comunitarios situados na rúa Compostela, no Camiño do Parador e no aparcamento municipal.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete